Cruz Vermella Pontevedra - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella Pontevedra

Cruz Vermella, 26 | 36002 | Pontevedra, Pontevedra

986 852 115

pontevedra@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org

@cruzvermella

http://www.facebook.com/cruzrojapontevedra

de luns a xoves de 08:00 a 15:00 h e de 16:00 a 19:00 h. Os venres de 08:00 a 15:00 h

Dende a nosa sede en Pontevedra participan voluntarios e voluntarias que cada día colaboran co obxectivo de estar cada vez mais preto das persoas que están a atravesar dificultades. Actualmente estamos volcados na atención das familias que se ven afectadas pola crise e que teñen dificultade para comprar alimentos, facer fronte o pago de suministros, de material escolar para os mais pequenos....ademáis estamos a reforzar os proxectos de emprego para, entre todos, conseguir mellorar as condicións de vida das persoas accedendo a un traballo e conseguindo mellorar a sua calidade de vida.

Todo iso sin deixar os nosos proxectos habituais dende os que atendemos a persoas maiores, infancia e xuventude, persoas sen fogar, inmigrantes, parados de longa duración, familias de acollida, internos no cárcere...traballando con un grupo de voluntariado cada vez mais grande.

Entre estas accións destacamos o noso Centro de Día para Maiores na sede da Cruz Vermella en Pontevedra, dende onde ofrecemos unha atención integral para todas as persoas maiores de 60 anos con limitación da sua autonomia que lles dificulta a realización das actividades cotiás, pero que pode asistir a un centro de estas caracterísitcas para mellorar a súa situación.

Somos ademáis un referente en accións de formación, avalado polos anos de experiencia impartindo cursos de primeiros auxilios, socorrismo acuático, de educación para a saúde, ocio e tempo libre, tanto para a poboación en xeral como para os nosos voluntarios.

Así, dende Cruz Vermella ofrecemos o noso apoio para mellorar a calidade de vida das persoas dende una perspectiva integral e de atención persoalizada.

Agora máis que nunca