Cruz Vermella Burela - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella Burela

Rúa Lamestra, 19 | 27880 | | Burela, Lugo

982 581 452

burela@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org/

@cruzvermella

http://www.facebook.com/CRElugo

luns, mércores e venres de 09.00 a 15.00 h. Os martes e xoves de 09.00 a 15.00 h e de 16.00 a 18.00 h.

Na Asemblea Local de Burela os programas que se están levando a cabo divídense en tres áreas de traballo: Intervención Social, Socorros y Emerxencias e Salvamento Marítimo.

  • Intervención Social: nesta área hai varios proxectos en marcha: Acollida e Atención á Poboación Inmigrante, Loita Contra a Pobreza e a Exclusión Social, Servizo Integral de Emprego para colectivos vulnerables, Chamamento Agora Máis que Nunca, Alimentos para a Solidariedade, Axuda a Domicilio Complementaria para Maiores, Promoción do Éxito Escolar, Animación Hospitalaria, programas de saúde e Prevención de Conductas Violentas, Alfabetización de adultos, campaña de Xoguetes para Educar.
  • Socorros y Emerxencias: conta cun grupo de persoas voluntarias profesionais e xente cualificada na rama sanitaria que mobiliza un vehículo sanitario de Soporte Vital Básico cando se producen aglomeracións de xente, organización de espectáculos, colaboración dentro dos cursos de formación con vehículo de apoio, cobertura de festexos, actos multitudinarios socioculturais e deportivos, etc. 
  • Salvamento Marítimo: existe un convenio coa Sociedade Estatal de Salvamento Marítimo SASEMAR que reforza os medios de salvamento coa embarcación L/S SATURNO de intervención rápida. Este programa conta cun profesional ao cargo do servizo e cun grupo de persoas voluntarias cualificadas profesionalmente para dita actividade. Desde nadadores de rescate helitransportado, patróns, mecánicos navales ou socorristas acuáticos entre outros.