Cruz Vermella Lugo - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella Lugo

Avenida de Madrid, s/n | 27002 | | Lugo, Lugo

982 231 613

lugo@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org

@cruzvermella

http://www.facebook.com/CRElugo

de luns a xoves de 08.30 a 15.00 h e de 16.00 a 19.00 h. Os venres de 08.00 a 15.00 h

Dende a Asamblea Provincial de Lugo realizamos actuacións que nos permiten intervir de xeito cercano e áxil ante os problemas das persoas, mediante a coordinación da nosa rede de nove oficinas locais.

Ademáis, dende a nosa sede da Avenida de Madrid proporcionamos ás persoas que se atopan en maior grado de vulnerabilidade a atención social básica e a información necesaria para poder acceder e dispor dos recursos sociais necesarios para prevenir e minimizar os factores de risco e exclusión.

Tamén procuramos a atención a persoas maiores, drogodependentes, persoas sen fogar, xuventude, infancia, muller, inmigrantes, programas integrais de emprego...

O noso modelo de atención é proactivo, cercano, personalizado, participativo e integrado na comunidade que nos permite estar en disposición de poder reducir os factores de risco de exclusión da poboación máis vulnerable.

Unha labor que non sería posible sen a colaboración das persoas socias e voluntarias.