Centro de Día para Persoas con Alzheimer de Celeiro - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Centro de Día para Persoas con Alzheimer de Celeiro

Avenida Ramón Canosa s/n | Celeiro, Lugo

982 551 335

celeiro@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org

@cruzvermella

http://www.facebook.com/CRElugo

De 8 a 20.30 h.

O Centro de día é un recurso capaz de ofrecer unha atención integral ao enfermo de Alzheimer e a súa familia durante o proceso de evolución da enfermidade, alomenos ata o momento no que as condicións de cada persoa recomenden o acceso do enfermo a outro tipo de centro.

Os obxectivos fundamentais:

  • Dar resposta ás necesidades dos usuarios dende unha perpectiva transdisciplinar.
  • Prestar apoio aos familiares que teñen a responsabilidade do coidado do usuario.
  • Dar atención profesional ás necesidades básicas, terapéuticas e socioculturais dos usuarios.
  • Servir como instrumento de apoio que favoreza a permanencia das persoas asistentes ao centro no seu contorno habitual.

O Centro de día de Celeiro é unha instalación de titularidade da Xunta de Galicia xestionada por Cruz Vermella Española.