Centro de Día de A Coruña - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Centro de Día de A Coruña

Cruz Roja Española, 1 | A Coruña, A Coruña

981 221 000 extensión 38020

lacoruna@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org

@cruzvermella

http://www.facebook.com/cruzvermella.org

De luns a venres, de 9 a 20 horas

Dende 1994: o primeiro centro de día aberto na comunidade galega.

É un espazo onde as persoas reciben tratamentos de caracter preventivo e rehabilitador, para mellorar o seu estado vital en xeral e a sua autonomía, en compaña de outras persoas. Iso permite non só mellorar o seu estado físico-psíquico, senón tamén establecer relacións e, en definitiva, integrarse na súa comunidade.

O Centro de día diríxese a persoas maiores de 60 anos que precisen:

  • Recuperación física e psíquica.
  • Rehabilitación e tratamentos especializados.
  • Atencións que non poden recibir no seu domicilio.

A finalidade do Centro é:

  • Mellorar a calidade de vida e tratar de manter a sua autonomía.
  • Fomentar a permanencia no seu entorno e servir de apoio ás familias.

Servizos que prestamos:

  • Fisioterapia, terapia ocupacional, ximnasia de aparatos e mantemento.
  • Atención médica e de enfermería.
  • Obradoiros de memoria.
  • Actividades ocupacionáis e de ocio.
  • Servizo de comedor.
  • Servizo de hixiene persoal.
  • Servizo de transporte adaptado.
  • Servizo de atención á familia: escola de familia e terapia de grupo.
  • Aula de informática.