Residencia de Parálise Cerebral e Dano Cerebral de Castro Ribeiras de Lea - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Residencia de Parálise Cerebral e Dano Cerebral de Castro Ribeiras de Lea

Hogar Escuela, S/N | Castro Riberas de Lea, Lugo

982 311 030

pc_lugo@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org

@cruzvermella

http://www.facebook.com/cruzvermella.org

Aberto tódolos días

Atendemos a persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 60 anos, en réximen residencial e de centro de día.

Atendemos persoas con paralise cerebral integral ou dano cerebral sobrevido, ou con enfermidades neurodexenerativas, co obxectivo principal na atención e o cuidado da persoa. Queremos contribuir á mellora da autonomía funcional e social, mediante a combinación das actividades rehabilitadoras e a convivencia no grupo como referencia.

Buscamos:

  • Dotar de estructura e contido estimulante e enriquecedor á sua vida cotiá.
  • Favorecer a participación e integración social para ampliar a convivencia no seu entorno e fomentar a normalización da sua situación.
  • Facilitar o desenvolvemento e normalización da vida do sistema familiar.

Somos un recurso onde proporcionamos unha atención integral e coordinada a persoas adultas na sua discapacidade fisica, sensorial ou cognitiva, conductual ou social, e cunha minusvalía recoñecida superior ó 33%; cando segundo a Ley de Dependencia se lle asigna como recurso a residencia ou centro de día.

A intervención terapéutica realízase dende un enfoque integral. A reconstrucción do proxecto vital da persoa e o apoio psicoterapéutico para o restablecemento do seu ciclo vital, persoal e familiar. Na intervención influirán tanto as características da sua patoloxía como as características personais do usuario e o seu contorno familiar e social.