Cruz Vermella Cambre - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella Cambre

Urb. A Barcala. Pza Amador y Daniel, nº 24-A. 15660 | Cambre, A Coruña

981 661 708

cambre@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org

@cruzvermella

https://www.facebook.com/cruzrojacorunaavoluntariado

de luns a venres de 9.30 a 14.30 h e os luns e mércores de 16 a 19 h

Cruz Vermella traballa para garantir os dereitos das persoas máis vulnerables a través de proxectos que desenvolve en función da necesidade de cada zona. En Cambre, está previsto que Cruz Vermella reforce a atención ás persoas maiores mediante o servizo de teleasistencia, que garante que poidan permanecer no seu domicilio, mantendo a súa independencia e a súa tranquilidade xa que dispoñen de asistencia telefónica as 24 horas do día. Na actualidade, a nova sede pasará a xestionar 40 usuarios de teleasistencia, aos que se sumarán os novos veciños que adquiran o servizo.

Tamén se desenvolverán proxectos destinados a protexer os dereitos da infancia, así como axudas destinadas a atallar a pobreza das persoas máis vulnerables e campañas específicas de sensibilización á cidadanía, sobre cuestións como a prevención da violencia de xénero, primeiros auxilios ou medio.