Base de Salvamento Marítimo da Coruña - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Base de Salvamento Marítimo da Coruña

Dique Barrié de la Maza | A Coruña, A Coruña

981 205 901

basemar@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org

@cruzvermella

http://www.facebook.com/cruzvermella.org

Emerxencias 0-24 horas (981 222222)

A primeira base de salvamento da Cruz Vermella Española.

O naufraxio do pesqueiro "La Isla" nas proximidades da torre de Hércules, e na que faleceron catorce dos seus quince tripulantes o 4 de outubro de 1970, provocou a creación da Cruz Vermella do Mar, froito da inquietude extendida en toda España ante os numerosos accidentes na mar que sucedían e para os que non existía medio ningún para o auxilio dos náufragos.

En Outubro de 1972, a Asamblea Suprema concede a honra á cidade da Coruña de ser o primeiro porto español en contar cun servizo real de salvamento de náufragos.

Co obxectivo de conseguir o mellor funcionamento da base de mar, a Cruz Vermella pediu ó Porto da Coruña a cesión dun edificio de planta baixa, en construcción moi avanzada, que estaba situado no peirao das änimas, e comenzaba a xestionar a adquisición dunha embarcación de salvamento que cumplira as expectativas desta base.

O 26 de xuño de 1973 chegou ó porto da Coruña a embarcación nivel A "Blanca Quiroga", que constituiu en aquel momento o barco mais moderno de Europa, sendo inaugurada a base o 17 de Agosto de 1973.

A base de Salvamento Marítimo da Coruña forma parte do Convenio de Cooperación coa Sociedade Estatal de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR), na actualidade coa embarcación LS BIANCA pertencentea Salvamento Marítimo e operada por Cruz Vermella, que presta o seu servizo na nosa base dende 2007. É unha embarcación Duarry Cormorán 730, con motor Steir acoplado a unha cola Mercruiser. Esta embarcación está operativa permanentemente, 24 horas ós 365 días do ano.

En este ano 2013,a Xunta de Galicia dona a Cruz Vermella unha nova embarcación no marco do convenio que a Institución ten coa administración autonómica, que comeza a súa operatividade na base o 10 de outubro de 2013 baixo o nome "LS Condesa de Pardo Bazán".