Cruz Vermella Vilalba - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella Vilalba

Sete Pontes, s/n | 27800 | | Vilalba, Lugo

982 511 303

vilalba@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org

@cruzvermella

http://www.facebook.com/CRElugo

luns, mércores e venres de 10.00 a 15.00 h e de 16.00 a 18.00 h. Martes e xoves de 10.00 a 19.30 h

Na Asemblea Local de Vilalba desenvolvemos diferentes actividades encamiñadas á infancia e a xuventude en situación de dificultade social como Éxito Escolar, Xoguetes para Educar e Campamentos de verán. Estes últimos son unhas das actividades estrela do ano, xa que conseguimos que moitos rapaces e rapazas que participan neles viran por primeira vez o mar.

Para as persoas maiores poñemos en marcha cada semana varios obradoiros de manualidades, memoria e ximnasia de mantemento, que son desenvolvidos por voluntarios e voluntarias, que ademáis realizan visitas aos nosos maiores beneficiarios do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria.

Durante o curso escolar, dispoñemos dun transporte adaptado para menores con problemas de mobilidade a fin de reducir as barreiras no acceso aos centros educativos.

Neste momento de crise no que as familias pasan por situacións económicas complicadas, poden solicitar nas nosas oficinas varios kits así como axudas para alimentos.