Cruz Vermella Sarria - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella Sarria

Calvo Sotelo, 184 | 27600 | | Sarria, Lugo

982 530 092

sarria@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org

@cruzvermella

http://www.facebook.com/CRElugo

de luns a xoves, de 09.00 a 20.00 h. Os venres de 09.00 a 17.00 h. Os sábados de 09.00 a 15.00 h

Facer referencia á Asemblea Local de Cruz Vermella en Sarria é ter en conta a historia de Sarria e a súa comarca. Hai datos que indican que a finais do século XIX, esta asemblea contaba xa con Presidente Local. Nos anos 1897-1898 D. Camilo García Vaamonde conseguiu que unha aportación municipal para a guerra de Cuba fose doada a Cruz Vermella para a atención sanitaria aos feridos de guerra, a súa repatriación e ás súas familias, acción que foi distinguida co Diploma de Cruz Vermella Española. Tamén coñecimos que en 1922, sendo Presidente o Sr. Puche, trasladábanse aos nenos de Sarria en tren a A Coruña para que coñeceran o mar e de paso respiraran iodo, e así un sinfín de citas sociais.

En todos eles, un obxectivo común, o ámbito local como expresión de implantación, o traballar nun medio cercano e conseguir que o voluntariado sexa a base da institución  coa formación e os medios axeitados.

Cruz Vermella é xa un referente no Camiño de Santiago xa que por diante da Asemblea Local de Sarria pasan o 95% dos peregrinos a Compostela polo chamado Camiño Francés.

Unha das nosas actividades máis destacadas é o obradoiro de de atención a enfermos de alzheimer que cumpliu xa 12 anos.

Conseguimos que Cruz Vermella sexa unha referencia familiar para todos e todas, polo talante de humanidade dos que pertencen a ela e porque cada vez estamos máis preto das persoas.