Cruz Vermella Ribeira - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella Ribeira

Avenida del Malecón, 2 | 15960 | | Ribeira, A Coruña

981 870 005

cruzrojariveira@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org/

@cruzvermella

http://www.facebook.com/cruzvermella.org

de luns a venres de 10.00 a 13.00 h. Os martes e xoves de 16.00 a 18.00 h

A Asemblea Local da Cruz Vermella en Ribeira ten dous locais, a oficina principal no centro da vila, para a área administrativa e de actividades, e na zona portuaria, a carón da lonxa de peixe onde se atopa o roupeiro social e salvamento marítimo.

O máis destacado na Asemblea ao longo dos anos é o da intervención en emerxencias no medio marítimo con actividades centradas no salvamento de vidas humana, busca e rescate de persoas desaparecidas na costa, apoio en operacións de buca de supervivintes, apoio nas operacións de loita contra a contaminación no medio mariño e remolque de embarcacións en perigo.

Nos últimos anos, Cruz Vermella incorporou ás súas actividades o desenvolvemento de proxectos e actividades da área de intervención e inclusión social contando neste momento coa xestión de productos de apoio, clases de español para inmigrantes ou o roupeiro social, único na provincia. Esta área estase a reforzar nos últimos tempos a través do chamamento "Agora Mais Que Nunca" que ten como obxectivo apoiar ás persoas con maior vulnerabilidade no contexto actual a través de prestacións como alimentos, kits de hixiene infantil, material escolar ou a campaña de xoguetes en Nadal.

Ademáis levamos a cabo campañas puntuais de sensibilización  en áreas transversais como o medio ambiente ou a saúde e outras dirixidas á sensibilización dos mozos e mozas en áreas como a prevención da violencia de xénero ou o VIH.