Cruz Vermella O Condado - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella O Condado

Oriente, 3 | 36860 | | Ponteareas, Pontevedra

986 641 794

ponteareas@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org

@cruzvermella

http://www.facebook.com/cruzrojapontevedra

de luns a xoves de 08.00 a 15.00 h e de 16.00 a 19.00 h. Os venres de 08.00 a 15.00 h

Os inicios da Cruz Vermella en Ponteareas están, ó igual que noutros lugares de España, nos anos 80, nos que existiu un posto de socorro situado o pé da N-120. Este foi atendido por soldados do servicio militar obligatorio e posteriormente por obxectores de conciencia da Prestación Social Sustitutoria. Desenvolvía actividades de atención en primeiros auxilios, transporte sanitario e a formación na área sanitaria.

No ano 2002 elaborouse dende a Oficina Provincial unha proposta de acción local para a zona, buscando novas redes de apoio, un novo local e a incorporación de novos socios e socias, ademáis da contratación de persoal técnico que permitiran acadar o obxectivo de volta á actividade en Ponteareas e comarca. 

Así no ano 2003 voltamos á actividade coa colaboración do Concello de Ponteareas, que nos cedeu un espazo no Centro Multiusos e posteriormente outro no edificio de Servizos Sociáis, donde actualmente temos a nosa sede.