Cruz Vermella Ordes - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella Ordes

L. Xoxardo - Bajos Alameda, s/n | 15680 | | Ordes, A Coruña

981 216 497

cruzrojaordes@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org/

@cruzvermella

https://www.facebook.com/cruzvermellaordes

Martes, mércores e xoves de 9:30 h a 14.30 h e de 15:30h a 18:30h. Venres de 9:30- 14:30 h

Entrando en Ordes atoparedes o edificio do concello antigo, ao seu lado hai unha gran alameda, debaixo dela hai catro portas, nunha está a biblioteca municipal, noutra os servizos sociais do concello, noutra o local de ensaio de música e na que queda atópase a asemblea comarcal de Cruz Vermella Ordes. Como podedes imaxinar está ben protexida, é normal xa que é o punto de encontro de xente tan valiosa coma ti.

É unha asemblea moi pequeniña pero con moita actividade: temos clases de español para inmigrantes, apoio escolar, acompañamentos a persoas maiores, proxectos de sensibilización nos institutos, etc. Pero uno dos proxectos que máis nos gusta e que está a ter moito éxito é o de realizar actividades de lecer cos nenos e nenas, para o que nos desprazamos ata as parroquias que están máis afastadas do centro de Ordes.

Teriamos moitas máis cousas que contarte, pero mellor achégate un día, coñece a algunha das persoas voluntarias que están a colaborar connosco e falamos de todo o que estamos a facer e do que podemos facer. Contamos contigo?