Cruz Vermella Carballo - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella Carballo

Vázquez de Parga, 119-Bl 2 | 15100 | | Carballo, A Coruña

981 703 764

carbay@cruzroja.es

https://www.cruzvermella.org

@cruzvermella

https://www.facebook.com/cruzvermellacarballo

mañás de luns a venres, de 09.00 a 14.00 h, e tardes de luns a mércores, de 16.00 h a 18.00 h.

A nosa sede atópase nunha das coñecidas como “Antigas Casas dos Mestres” e dende aí desenvólvense os diferentes proxectos e actividades que buscan dar cobertura ás necesidades da poboación do concello de Carballo e dos concellos limítrofes.

Ao tratarse dunha asemblea pequena os voluntarios e voluntarias que a conforman participan  nunha gran parte de proxectos, tendo así unha imaxe xeral das actividades que se levan a cabo.

Nesta asemblea desenvólvese o Plan de Emprego a través do EBAE (Espazo de Busca Activa de Emprego) , un recurso referente para as persoas desempregadas do concello, así como para os axentes derivadores. Xestionado unicamente por voluntariado, dende este espazo pódense imprimir  currículos, facer buscas de ofertas por internet, contactar con empresas ofertantes ou obradoiros grupais de apoio na busca de emprego, entre outras.

Na área de Intervención Social desenvólvense o proxecto de Escola de Avós e Avoas Educadores, sendo a única asemblea de Galicia que conta con esta actividade. Trátase dun apoio de carácter psicosocial para avós e avoas que exercen labores parentais cos seus netos e netas. Conta con 9 escolas postas en marcha dende que se iniciou. Nesta área tamén se presta atención aos colectivos de persoas maiores (préstamo de produtos de apoio, teleasistencia domiciliaria) e inmigrantes (clases de español).

Ademáis nestes últimos anos a área de Inclusión Social, estase vendo reforzada a través do chamamento Agora máis que nunca que busca apoiar as persoas que atopan máis dificultades no contexto actual, mediante diversos proxectos: Alimentos para a solidariedade, Prestacións Agora máis que nunca, Volta ao cole solidaria, Campaña de Xoguetes de Nadal.

Por outro lado, a parte dos proxectos con continuidade ao longo do ano, lévanse a cabo diferentes campañas pertencentes as áreas de Medioambiente, Cruz Vermella Xuventude e Saúde, como son “Movéndonos pola auga”, “Educación e prevención do VIH e outras enfermidades transmisibles” ou “Quérete moito”, respectivamente.