Cruz Vermella Boiro - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella Boiro

Calle Principal, 77 - Centro Social de Boiro, 3º - Cruz Roja | 15930 | | Boiro, A Coruña

981 844 804

gaboiro@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org/

@cruzvermella

http://www.facebook.com/cruzrojaboiro

de luns a xoves de 08.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.30 horas. Os venres de 08.30 a 14.30 horas

A nosa asemblea atópase situada na 3ª planta do edificio do Centro Social de Boiro.

Desenvolvemos actividades en múltiples áreas como as de intervención e inclusión social, cooperación internacional, formación, socorros e emerxencias, Xuventude e tamén outras áreas transversais como medio ambiente e saúde.

De entre todas estas actividades podemos destacar:

  • As dirixidas a Persoas Maiores que dan resposta a diversas necesidades a través dun amplo abano de actividades: obradoiros de entrenamento de meoria, axuda a domicilio complementaria, envellecemento activo, actividades de ocio e tempo libre, visitas culturais, etc. Na actualidade contamos aproximadamente con 200 usuarios e usuarias nestes proxectos. Neste sentido Cruz Vermella Boiro é un referente no municio xa que conta con un gran número de participantes.
  • As destinadas ao traballo coa Infancia e a Mocidade en dificultade social mediante obradorios de apoio escolar e reforzo educativo orientados a potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar con nenos e nenas que presentan necesidades educativas, de xeito que poidan progresar nos seus estudos, previr o fracaso escolar e facilitar a súa integración social.
  • Cruz Vermella Xuventude en Boiro ven traballando con adolescentes a través de: educación para a saúde e mediadores en prevención de conductas violentas, fomentando o interese de adolescentes, mozo e mozas pola adopción de conductas saudables como parte do seu desenvolvemento integral, modificando comportamentos que responden a costumes insanas e perigosas para a saúde. A Ludi-educa é outro dos proxectos de Cruz Vermella Xuventude e está dirixido a nenos e nenas de 6 a 10 anos. Consiste en obradoiros con diversas actividades lúdico-educaticas, na actualidade conta con 42 participantes.