Cruz Vermella Arzúa - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella Arzúa

Padre Pardo, 32-1º | 15810 | | Arzúa, A Coruña

981 500 589

arzua@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org/

@cruzvermella

http://www.facebook.com/cruzvermella.org

de luns a xoves de 9:30 a 13:30

A Asemblea Local de Cruz Vermella de Arzúa está situada no centro do casco urbano do municipio, no edificio “María Mariño” na rúa Padre Pardo 33, en concreto no primeiro piso. Aquí atópanse tamén as instalacións de “Radio Arzúa” así como a Biblioteca municipal. Este inmoble, propiedade do concello, atópase fronte o Centro de Saúde da vila.

A nosa institución desenvolve a súa actividade en diferentes áreas, facendo especial mención á labor que se realiza no campo da  intervención social. O noso traballo persegue como obxectivo final mellorar a calidade de vida dos colectivos máis vulnerables do noso concello. Para iso realizamos de xeito periódico ao longo do ano varios repartos de alimentos, así como entregas puntuais de material escolar ao inicio do curso escolar, xoguetes en vésperas de reis…Debemos mencionar  que a asemblea tamén xestiona o servizo de Teleasistencia Domiciliaria. Con este programa preténdese fomentar a permanencia das persoas no seu entorno cotiá, proporcionando á súa vez tranquilidade aos seus familiares.

En canto a ocio e tempo libre se refire é importante destacar o campamento urbán que desenvolve Cruz Vermella Xuventude, dirixido a cativos e cativas de entre oito e doce anos, ofrecendo unha alternativa de ocio diferente dentro das opcións que existen no municipio para o verán.

Cruz Vermella Arzúa tamén leva a cabo cursos de formación de primeiros auxilios dirixidos á poboación en xeral.