Cruz Vermella Tabeirós - Terra de Montes - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella Tabeirós - Terra de Montes

Avenida de Vigo, 3 | 36680 | | A Estrada, Pontevedra

986 571 057

laestrada@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org

@cruzvermella

http://www.facebook.com/cruzrojapontevedra

de luns a xoves de 08.00 a 15.00 h e de 16.00 a 19.00 h. Os venres de 08.00 a 15.00 h

Dende o ano 2003, Cruz Vermella en A Estrada comeza unha nova etapa de traballo coas persoas da localidade instalados nun local cedido polo Concello. Grazas a este espazo empezamos de novo con proxectos e actividades de acción en beneficio ás persoas máis vulnerables.

Dende entonces, Cruz Vermella foise asentando e convertímonos nun referente social para a poboación de A Estrada e o seu contorno.

Ó noso arredor temos configurado unha rede de apoio entre persoas socias, voluntarias, traballadoras e empresas colaboradoras para asentar a presenza da Cruz Vermella na Estrada.

No ano 2009 inauguramos unha nova sede mais acorde coa nosa realidade e coas necesidades de acción da Cruz Vermella. A nova sede está na Avenida de Vigo e o noso traballo agora alcanza a todo o municipio estradense (51 parroquias e 473 lugares), con actividades puntuais nos concellos limítrofes de Cuntis, Moraña, Forcarei, Silleda e Lalín.

Realizamos proxectos de Intervención Social, emprego, xuventude, medio ambente e saúde.