Cruz Vermella Santiago - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella Santiago

Avenida de Lugo, 42 | 15707 | | Santiago de Compostela, A Coruña

981 586 969

santiago@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org/

@cruzvermella

http://www.facebook.com/Cruz.Vermella.Santiago

de luns a xoves, de 09.00 a 14.00 h e de 16.00h a 18.30 h. Os venres de 09.00 a 14.00

Desde o ano da súa fundación en 1897, a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en Santiago de Compostela orienta a súa labor á loita por mellorar a vida dos colectivos máis desfavorecidos, desde unha atención integral. 

Con este propósito, lévanse a cabo diferentes programas que abarcan as diferentes áreas da vida das persoas. Moitos deles, moi coñecidos pola poboación en xeral como Socorros e Emerxencias (Transporte Sanitario Urxente e Preventivos), os proxectos dirixidos ás Persoas Maiores entre os que destaca a Teleasistencia Domiciliaria e Axuda a Domicilio Complementaria ou Cruz Vermella Xuventude, que ten como obxectivo a implicación da Xuventude na Acción Social.

Co paso do tempo, puxéronse en marcha moitos proxectos para cubrir as necesidades emerxentes da sociedade, programas que están relacionados coa atención especializada á Poboación Inmigrante, con Formación e Voluntariado, ou o Acollemento Familiar, que proporciona unha alternativa de acollemento temporal para os menores que se atopan baixo unha medida de protección xurídica ou administrativa por diferentes causas e do que somos referentes na nosa Comunidade.

Cruz Vermella en Santiago traballa tamén coas Personas Desempregadas mediante os programas Interlabora, Itinerarios Horizontais con mozos e mozas, Itinerarios Integraiss para persoas afectadas pola crise, e a través do Espazo de Busca Activa de Emprego. O traballo céntrase na mellora da empregabilidade e a integración sociolaboral das persoas máis vulnerables a través do emprego.

O último en sumarse á nosaa lista de proxectos foi o que Cruz Vermella lanzou para facer frente ás necesidades básicas das persoas afectadas pola crise: Agora + que nunca faciendo un especial fincapé nas familias e nos máis pequenos.Esta estratexia contempla accións como a atención a Persoas Sen Fogar, Itinerarios de Inclusión, Reparto de Material Escolar, Programa de Alimentos, entrega de Kits…