Cruz Vermella O Salnés - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella O Salnés

Plaza de la Constitución, 3 | 36600 | | Vilagarcía de Arousa, Pontevedra

986 512 244

arosa@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org

@cruzvermella

http://www.facebook.com/cruzrojapontevedra

de luns a xoves de 08.00 a 15.00 h e de 16.00 a 19.00 h. Os venres de 08.00 a 15.00 h

Traballamos en:  Vilagarcía, Vilanova, Illa, Cambados, Meis, Meaño e Ribadumia 

Na Cruz Vermella do Salnés esforzámonos cada dia en estar "Cada vez + preto das persoas", unindo esforzos e traballando coordinadamente cos demáis axentes sociais.

A nosa sede está en Vilagarcía de Arousa. Nela acollemos dende 1998 o Albergue de Transeúntes, con capacidade para dez persoas e que conta con servizos de: aloxamento, hixiene, cea, almorzo, información, asesoramento e sesións formativas sobre hábitos saudables.

Os nosos maiores poden disfrutar de acompañamentos domiciliarios, respiro familiar, obradoiros de estimulación de memoria e psicomotricidade, teleasistencia domiciliaria, actividades interxeneracionáis, excursións...

Para as persoas inmigrantes poñemos a disposición clases de español, alfabetización, servizo de información e asesoramento, orientación na busca de emprego, acompañamento a xestións...

Apoyo escolar, mediación social e actividades medioambientáis son parte das actividades programadas para a infancia en dificultade social.

A prevención na adolescencia está presente a través dos obradoiros de saúde e prevención de conductas violentas, que levamos a cabo en centros educativos.

O noso Punto de Información Laboral está aberto a tódalas persoas que precisen asesoramento na busca de emprego.

Na actualidade, o esforzo do noso voluntariado centrase en atender de xeito integral a tódalas persoas que están en situación de extrema vulnerabilidade debido á situación económica na que nos atopamos. Entre as medidas adoptadas a través do chamamento "Agora máis que nunca", temos axudas e prestacións de : alimentos, material de hixiene, productos farmaceuticos, material escolar e merendas, axudas económicas para o pago de suministros, e calquera outra intervención que -previa valoración técnica- se considere necesaria para dar resposta a una situación de emerxencia social.