Cruz Vermella Noia
A Chainza, s/n | 15200 | | Noia, A Coruña
981 825 405
https://www.facebook.com/cruzrojanoia/
de luns a venres de 09.00 a 13.00 h
Cruz Vermella Noia, situada nun enclave privilexiado a escasos metros da Ría de Noia e o Río Vilaboa e contando cunha zona verde de arredor de 1500 m2, comezou a súa actividade no ano 1988, centrándose nos seus inicios en ofrecer a poboación asistencia sanitaria a través do Plan de Socorros e Emerxencias e o Proxecto de Transporte Sanitario Urxente. Cos anos o ámbito de intervención desta asemblea comezou a ser cada vez maior.
Actualmente, a asemblea de Cruz Vermella en Noia, ten un ámbito de influencia comarcal, levando a cabo proxectos nos concellos de Noia, Outes, Porto do Son e Lousame. Foronse incorporando á súa actividad plans tales como: Cruz Vermella Xuventude, que abarca os proxectos de Educación para a Saúde, Ocio e Lecer ou Perspectiva de Xénero e Coeducación, entre outros; Socorros e Emerxencias, a través de Transporte Sanitario Urxente e Preventivos Terrestres e Acuáticos; Plan de Medio Ambiente, onde se realizan accións de sensibilización ambiental e de mellora e recuperación do entorno; Intervención Social, con proxectos como Atención a Drogopedendentes, Inmigrantes, Mulleres en Dificultade Social ou Transporte Adaptado e Plan de Formación a través do que se prepara tanto á poboación en xeral, como ao voluntariado para a súa intervención.
Para levar a cabo toda esta actividade, contamos con tres transportes adaptados, unha ambulancia, un vehículo de apoio, un todoterreno e unha zodiac, ademáis dun equipo de 73 persoas voluntarias, motivadas e implicadas, que o fan posible.
-
Sorteo de Ouro, unha oportunidade para a solidariedade
-
Cruz Vermella e Vegalsa-Eroski presentan o libro “Los peques a la mesa”
-
Voluntariado da Cruz Vermella: Servir é o seu consigna
-
Clases de español para Inmigrantes en NOIA
- Área:
- Persoas refuxiadas
- Sedes:
- Cruz Vermella Noia
-
Monitor/a de apoio escolar para nenos e nenas en NOIA
- Área:
- Infancia e xuventude
- Sedes:
- Cruz Vermella Noia