Cruz Vermella Ferrol - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella Ferrol

Sol, 26 | 15402 | | Ferrol, A Coruña

981 355 303

ferrol@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org/

@cruzvermella

https://www.facebook.com/cruzrojaferrol

de luns a xoves, de 09.00 a 14.00 h e de 16.00h a 19.00 h. Os venres de 09.00 a 14.00

A Cruz Vermella de Ferrol constituíuse  no ano 1898. Prestou os seus servizoa no Sanatorio do Hospital da Caridade aos repatriados de Cuba e Filipinas. En 1903 fúndase un Dispensario Antituberculoso, prestando importantes servizos asistenciais. A sede atópase nun edificio singular, catalogado no plan urbanístico, situado no caco histórico da Magdalena.

Cruz Vermella ferrol inciou a súa andadura na área da intervención social coa atención a persoas inmigrantes e refuxiadas; na actualidade tamén se desenvolven proxectos que pretenden  dar respostas ás necesidades das persoas e a poboación da comarca entre os que destacamos, polo volumen de usuarios cos que conta, a Teleasistencia Domiciliaria, tanto a dirixida ás persoas maiores como a mulleres; o transporte adaptado, co que se favorece a integración do colectivo de persoas con discapacidade.

Dentro da área de socorros e emerxencias o peso susténtase nos dispositivos de risco previsible, e na área de formación  os cursos de carácter sociosanitario. Tamén lévanse a cabo ao longo dos anos campañas puntuais dentro de áreas transversais como o medio ambiente ou a saúde.

En Cruz Vermella Xuventude, un proxecto destacado na asemblea é o de Animación Hospitalaria que se dirixe a mellorar a calidade de vida dos menores que están ingresados a través de actividades.

Nos últimos anos, e dentro do chamamento Agora Máis Que Nunca de Cruz Vermella apoia ás persas que se atopan en dificultades a través de prestacións como os kits de hixiene infantil ou campañas como a "Volta ao cole Solidaria", de recollida de material escolar.