Cruz Vermella O Carballiño - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella O Carballiño

Rosalía de Castro, 1-1º Dcha | 32500 | | O Carballiño, Ourense

988 273 042

carballino@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org/

@cruzvermella

http://www.facebook.com/CruzRojaOurense

de luns a venres de 09.00 a 14.00 h

A asemblea comarcal de O Carballiño centro os seus esforzos nos programas de loita contra a pobreza, atendendo as necesidades das persoas que máis o precisan coa entrega de alimentos, material escolar ou productos de hixiene, e o servizo de roupeiro. Ademáis ofrece orientación e apoio na busca de un emprego a aquelas peroas que o demanden. 

Por outra banda, desenvólvese un proxecto específico de apoio a persoas con capacidades diferentes. Algúns dos obxectivos son aumentar a súa autonomía e mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias. Este proxecto conta co financiamento do Fondo Social Europeo e a colaboración da Asociación ASPADISI, así como dos Servizos Sociais do Carballiño.

Os voluntarios e voluntarias organizan con ilusión multitud de actividades lúdicas e de acompañamento a persoas maiores, para evitar a súa soedade, e imparten apoio escolar a nenos e nenas de familas con pucos recursos.

Esta asemblea, que preside Modesto Ogea, realiza a súa labor nos concellos de O Carballiño, Maside, San Amaro, Amoeiro, San Cristovo de Cea, Piñor de Cea, Beariz, Boborás e O Irixo. Nestas localidades ó longo do ano realízanse un gran número de servizos de prevención de accidentes en eventos culturais, festivos e deportivos.