Cruz Vermella Betanzos - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella Betanzos

Avenida de Linares Rivas, 1 | 15300 | | Betanzos, A Coruña

981 771 727

gabetanzos@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org/

@cruzvermella

http://www.facebook.com/cruzrojabetanzos

de luns a venres, de 09.30 a 13.30 h e de 16.00h a 20.00 h. Os venres de 08.00 a 15.00

O ámbito da asemblea abarca trece concellos nos que a actividade ten diferentes niveis de desenvolvemento. Desde o ano 2010, a asemblea ten a súa sede comarcal nun c´netrico e singular edificio de tres plantas de mediados do século XX, do ano 1940, que está situado ás costas da praza principal de Betanzos. Ademáis, disón dunha pequena oficina na zona do porto de Sada.

Na asemblea de Betanzos hai unha área con loga traxectoria institucional como a sección xuvenil Cruz Vermella Xuventude que fixa as súas estratexias a través da educación, a participación e a intervención social con colectivos infantiles e coa mocidade en dificultade ou conflicto social.

Outra actividade que se desenvolve na asemblea desde hai anos son os dispositivos de risco previsible dentro da área de socorros e emerxencias, tamén podemos destacar a formación, co desenvolvemento de cursos de carácter socio- sanitario.

Nos últimos anos, Cruz Vermella consolidou as súas actividades no desenvolvemento de proxectos e actividades das áreas de emprego (EBAE) e intervención e inclusión social, dentro deste última sinalar o apoio escolar, as merendas saudables...Todos estes proxectos e actividades estanse reforzando nos últimos tempos a través do chamamento Agora Máis Que Nunca que ten como obxectivo apoiar ás persoas con maior vulnerabilidade no contexto actual a través de prestacións como alimentos, kits de hixiene infantil, material de volta ó cole ou a campaña de xoguetes en nadal.

Tamén execútanse ó longo do ano campañas e actividades puntuais dentro de áreas tranversais como o medio ambiente ou a saude.