Albergue de transeúntes de Vilagarcía - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Albergue de transeúntes de Vilagarcía

Plaza de la constitución nº 3, 36600 Vilagarcía de Arousa | Vilagarcía de Arousa, Pontevedra

986 512 244

arosa@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org

@cruzvermella

http://www.facebook.com/cruzrojapontevedra

Luns a domingo de 21:00 a 9:00 horas.

Dende o ano 1998, no que abrimos o albergue para transeúntes, a Asamblea Comarcal do Salnés traballa coas persoas sen fogar, non só na xestión das prazas de aloxamento, senon tamén ofrecéndolles información, asesoramento e apoio en todas as cuestións nas que pola súa situación poidan atoparse: falta de documentación, asistencia médica, prestacións sociais, etc...

Tralo peche no 2001, e dado que Vilagarcía e a nosa Asamblea en particular era un referente na atención das persoas sen fogar, no 2010 reabriuse o albergue de transeúntes, co financiamento e colaboración do Concello de Vilagarcía. Na actualidade ten un uso intensivo e amplía cada ano as prestacións que ofrecemos aos usuarios/as.

Dispón dos seguintes servizos:

  • Servizo de acollida, valoración e asesoramento: realizado pola Traballadora Social do Centro de luns a xoves de 10.00 a 13.00 horas e de 16.30 a 18.00 horas. Os venres de 10.00 a 13.00 horas.
  • Servizo de aloxamento nocturno, coa posibilidade de pernocta durante 3 noitescada 15 días, para  persoas maiores de 18 años nunha situación de exclusión ou de emerxencia social que non lles permita dispoñer dun fogar ou lugar de estancia. Conta con 10 camas.
  • Servizo de ceas e almorzo, para as persoas que pernocten.
  • Servizo de hixiene, que inclúe servizo de duchas e aseo, así como a entrega de kits de hixiene.
  • Servizos complementarios: Asesoramento xeral, Ponto de Información Laboral, Obradoiros de Hábitos Saludables, Obradoiros de Habilidades Sociais e de Comunicación, Vídeoforums…