Cruz Vermella Fisterra - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella Fisterra

R/ Domingo Antonio Andrade. (Edif. Concello), Planta Baixa | 15270 | Cee, A Coruña

981 217 021

fisterra@cruzroja.es

@cruzvermella

de luns a venres de 8:30 a 14:30 h. Martes e mércoles tamén de 15:30 a 18:00 h.

A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en Fisterra, que comprende as poboacións de Fisterra, Corcubión, Cee, Dumbría e Muxía, nace o 27 de setembro de 2018. Está situada na planta baixa do Concello de Cee, poboación que é o centro administrativo da comarca e, desde alí, estende a súa acción a través de diferentes proxectos que tratan de cubrir as necesidades emerxentes dos colectivos máis desfavorecidos cos que se traballa.

Por unha banda, a Organización desenvolve o proxecto de “Promoción do éxito escolar”, unha iniciativa coa que os menores en dificultade social teñen un apoio para mellorar o seu rendemento académico, promovendo ademais entre eles e elas a adquisición de hábitos de vida saudables, principios e valores.

Por outro, Cruz Vermella envorca na comarca de Fisterra os seus esforzos para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, prestando especial atención a aquelas que viven soas, son dependentes ou carecen dunha rede de apoio.

Pero, ademais, a Organización apoia ás persoas e as familias afectadas pola pobreza, dando cobertura a través da xestión de axudas económicas, a repartición de alimentos ou a adquisición de bens de primeira necesidade, entre outros. A realización de campañas específicas de sensibilización entre a cidadanía sobre cuestións como a prevención da violencia de xénero, primeiros auxilios ou o medio ambiente tamén forman parte das actividades e proxectos realizados.

A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en Fisterra trata de adaptarse aos cambios que a sociedade esixe, realizando sempre un traballo conxunto co resto de administracións e entidades da zona.