Salvamento Marítimo - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Salvamento Marítimo

O programa de Salvamento Marítimo ten como obxectivo protexer a vida humana no mar, así como a loita contra a contaminación marina. Todo isto realízase de xeito plenamente coordinado coa Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR) organismo responsable en todo o Estado Español en materia de coordinación a través dos seus centros distribuidos por toda a costa. Igualmente mantense en Galicia unha colaboración coa nosa comunidade neste ámbito tanto en materia de prevención como en materia de emerxencias.

Participar en acción de adestramento, exercicios, operación de busca, salvamento e rescate, servicios de asistencia e remolque de embarcacións en perigo e tarefas de apoio en materia de loita contra a contaminación mariña, son actividades que a Cruz Vermella en Galicia realiza no marco lo Plan Nacional de Salvamento Marítimo e Loita Contra a Contaminación Mariña.