ERIE: Equipos de Resposta Inmediata en Emerxencias - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

ERIE: Equipos de Resposta Inmediata en Emerxencias

Os Equipos de Resposta Inmediata en Emerxencias (ERIE) son unidades compostas por persoal, profesional e voluntario con formación especializada para intervir en calqueira punto de España coa mesma metodoloxía de traballo.

Os ERIE de Galicia están dotados de persoal e equipamento e teñen capacidade para movilizarse en poucas horas unha vez activados despois dunha emerxencia. Todos os equipos teñen uns criterios mínimos esixidos por Cruz Vermella Española e actúan a miúdo en calqueira parte do territorio estatal xunto con outros, pero están adaptados ás necesidades da nosa Comunidade e coordinados cos nosos sistemas de Protección Civil, así como coa Sociedade Estatal de Salvamento Marítimo (SASEMAR) e o Centro de Coordinación de Cruz Vermella Española.

En Galicia dispoñemos de dous equipos homologados:

  • O de Emerxencia Psicosocial, preparado para dar apoio psicolóxico e social tras unha emerxencia, e formado por psicólogos, traballadores sociáis e socorristas.
  • O de Albergue Provisorio, que está capacitado para dar aloxamento nunha instalación ata a cen persoas e formado por persoal preparado na xestión loxística e social do albergue.