Emerxencias terrestres - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Emerxencias terrestres

Cruz Vermella ten sido, durante anos, o único recurso presente nas nosas estradas e cidades para a atención de emerxencia ás persoas, mediante a nosa rede de bases de socorro.

Hoxe, o noso obxectivo principal é axudar nas diferentes situacións provocadas pola manifestación dun risco ou accidente, colaborando na resolución das mesmas e ofrecendo resposta, se fora necesario, dun modo sostible no tempo en caso de catastrofes de gran magnitude, en coordinación ocas unidades de Protección Civil e coa rede de Cruz Vermella Española.

Asemade, a xeralización das actividades de ocio, moitas cun elevado nivel de risco potencial, fai que se teña xeneralizado na nosa sociedade unha demanda crecente da cobertura de dispositivos preventivos, especialmente cando se prevé a asistencia de gran cantidade de público: eventos deportivos, culturais ou sociais.

Por elo, poñemos a dispor dos organizadores destos actos a nosa experiencia e capacidade en materia de planificación e desenvolvemento destos dispositivos, de xeito que se poda garantir a seguridade das persoas e o cumplimento dos requisitos legais esixidos.