O ERIE prepárase para saber como intervir no aeroporto de Santiago

O Equipo de Resposta Inmediata en Emerxencias ( ERIE) de Cruz Vermella en Galicia segue ampliando a súa formación. Este sábado 28 de setembro un grupo de 22 persoas deste equipo asistiron a unha formación moi específica no aeroporto de Santiago co obxectivo de coñecer os detalles do papel que xoga Cruz Vermella tanto nun simulacro como nunha emerxencia real.
Chus Penas, responsable do Plan de Autoprotección do Aeroporto de Santiago, foi a encargada de impartir a sesión formativa que se centrou en saber que pasa cando se activa o citado Plan e como hai que actuar. Houbo unha parte teórica e unha máis práctica na que os asistentes percorreron as instalacións e espazos do aeroporto nos que terían que intervir chegado o caso. Algúns dos espazos crave son as salas para familiares e as salas para ilesos así como os puntos de encontro.
Grazas a esta formación, organizada en colaboración con Aena, favorécese a integración dos recursos externos cos que xa están no propio aeroporto e isto permite estar mellor preparados #ante unha emerxencia e intervir de maneira máis eficaz.
No mes de marzo, Cruz Vermella participou nun simulacro neste aeroporto no que o suposto do exercicio era que un avión tiña problemas no momento do despegamento polo que se requiría a presenza dos diferentes equipos de emerxencia e corpos de seguridade.