Cruz Vermella utiliza cookies para mejorar su navegación y ofrecer contenidos de interés. Al navegar entendemos que autoriza a Cruz Vermella a almacenar y acceder a las cookies.Pinche el siguiente enlace si desea información sobre el uso de cookies y como deshabilitarlas.
Más informaciónAceptar
“O teu Xacobeo, o noso camiño con Cruz Vermella”, xa está en marcha - Cruz Vermella
Cruz Vermella en Pontevedra está desenvolvendo, dende o pasado 13 de setembro, o programa “O teu Xacobeo, o noso camiño con Cruz Vermella”, que consiste na realización de pequenos tramos do Camiño de Santiago cós diferentes colectivos que atende a Institución (menores, mozos e mozas, maiores, inmigrantes, refuxiados...).
O obxectivo deste programa é fomentar a inclusión e a participación activa de tódolos colectivos que atende a Cruz Vermella, potenciando o valor do Camiño de Santiago como unha oportunidade de participación social que promova o valor cultural de Galicia, e implique ó maior número de poboación galega xerando un sentimento de orgullo e pertenza a nosa comunidade.
A primeira destas rutas do Camiño Portugués, fixérona un grupo de mozos e mozas o pasado venres 13 de setembro entre Baiona e a ponte romana da Ramallosa. Un día despois, os nenos e nenas de Cruz Vermella Xuventude fixeron un tramo entre Poio e Armenteira, onde puideron desfrutar do entorno natural que rodea esta etapa do camiño.
Por outra parte, os usuarios do plan de maiores de Cruz Vermella en Pontevedra, Vigo, A Guarda, Ponteareas, A Estrada e Lalín puideron desfrutar da riqueza natural e cultural que se atopa na etapa do Camiño de Padrón ata A Escravitude. Nestas xornadas tiveron a oportunidade de visitar algunhas das paradas obrigadas, como igrexas ou pontes, que debe facer todo peregrino.
Nos vindeiros días seguiranse realizando diferentes etapas como, por exemplo, un tramo do Camiño Portugués pola Costa entre Vigo e Redondela, con diferentes colectivos de Cruz Vermella en Vigo; un grupo de menores volverán realizar o tramo entre Poio e Armenteira e un grupo de maiores o de Padrón – A Escravitude.
Este proxecto conta coa financiación da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia, para lograr una programación sociocultural que anticipe a celebración do Xacobeo 21. Dende a Institución, estimamos que participarán nesta actividade 350 persoas de diferentes colectivos (infancia, xuventude, inmigrantes, refuxiados, persoas maiores, etc), que descubrirán de primeira man a riqueza do Camiño de Santiago.