Indispensables para un verán 10
- Saúde
- Cruz Vermella A Coruña
- Cruz Vermella Arzúa
- Cruz Vermella Betanzos
- Cruz Vermella Boiro
- Cruz Vermella Carballo
- Cruz Vermella Cedeira
- Cruz Vermella Ferrol
- Cruz Vermella Laxe
- Cruz Vermella Malpica
- Cruz Vermella Noia
- Cruz Vermella Ordes
- Cruz Vermella Ribeira
- Cruz Vermella Sada
- Cruz Vermella Santiago
- Cruz Vermella Terra de Soneira

Xa estamos inmersos neses meses do ano nos que deixamos a un lado as obrigas e pasamos os días coas pernas e os brazos ao aire, gozando de xornadas intensas de praia e piscina, de comidas en terrazas ou de festivais de música. O verán, o noso querido verán, é tempo de relax e desconexión, no que pasar un rato coa familia e os amigos convértense na nosa prioridade. O último que quereriamos é que os plans se nos vaian ao traste e, para intentar que iso non aconteza, compartimos convosco as nosas recomendacións indispensables para pasar un verán 10. Queres coñecelos?
- Sabémolo: encántache nadar no mar. Para os que somos dunha terra tan mariñeira como a nosa, poucas cousas hai tan satisfactorias, pero este mar noso é traizoeiro. Por iso, se che estás a dar un baño e che arrastra unha corrente, non intentes nadar no seu contra senón en paralelo á praia. Unha vez que deixes a corrente poderás nadar cara á costa.
- En verán sacamos o noso lado máis salvaxe... pero controla onde o sacas! Non te metas na auga bruscamente nin che tires de cabeza en lugares nos que non coñezas o fondo: o 6% das lesións medulares en España son causadas por este tipo de accidentes.
- Se durante o baño advirtes no teu corpo algún síntoma estraño ao entrar na auga, como calafríos, fatiga ou dor de cabeza, non o dubides e abandona o baño!
- Sabías que nas praias hai seis tipos diferentes de bandeiras? Ás xa coñecidas verde (baño permitido), amarela (permitido con limitacións) e vermello (prohibición do baño), debemos engadir a bandeira de praia azul (concedida pola Fundación Europea de Educación Ambiental), a de praias negras (areal clausurado debido ao estado do mar ou a area) e a bandeira de augamares (aviso de presenza destes animais no mar). É importante coñecelas todas pero, sobre todo, recorda: con bandeira vermella... nin te achegar á auga!
- O verán é a época do ano ideal para levar a cabo actividades ao aire libre, como montar en bici, pasear pola praia ou ler un bo libro tombado na toalla. Organizar este tipo de accións é moi positivo para o noso estado de saúde físico e mental, pero non esquezas a protección solar. É fundamental escoller un factor de protección axeitado para o noso tipo de pel (sempre podes preguntar ao teu médico se tes dúbidas) e aplicala media hora antes de saír de casa.
- Igual de importante é protexer a túa pel durante as exposicións ao sol que nutrila despois da ducha con crema hidratante. Así evitaremos que se nos reseque e achegaremos un alivio a esas zonas que poidan ter algo de ardentía.
- Unha boa hidratación é fundamental para manternos sans, polo que na bolsa de praia non poden esquecérsenos os líquidos, como auga ou zumes. Ademais, consumir froitas, verduras e hortalizas, con gran contido en auga, axudarannos a evitar a deshidratación e axudarannos a levar mellor a calor.
- Estás a gozar dunha xornada praieira e advirtes unha situación de emerxencia? Recorda que os minutos que seguen ao accidente poden ser vitais para a vítima. Por esta orde: protexe a zona e ás persoas que quizais non se decataron do perigo, avisa aos servizos de emerxencia dispoñibles na praia ou chama ao 112 e socorre ao ferido, sempre na medida das túas posibilidades. Ter un curso básico de primeiros auxilios é importante para poder actuar axeitadamente nestas situación (máis información nesta ligazón http://bit.ly/1D0EyfC).
- Se vas a gozar dun día de praia ou piscina cos máis pequenos da casa, recorda que é fundamental manter a súa seguridade. Por iso, debemos ter coidado coa súa exposición ao sol, evitando as horas comprendidas entre as 12 da mañá e as 5 da tarde, utilizando unha boa protección solar e cubrindo as súas cabezas con gorros ou viseiras, ademais de vixialos en todo momento.
- Goza de cada un dos momentos do verán porque serán irrepetibles. Deixa a un lado as obrigas, os correos electrónicos e os dispositivos móbiles, e reláxate baixo a calor de Lorenzo ou á sombra dunha boa antuca.
E agora que xa o sabes todo... duraranos o bo tempo? Crucemos os dedos!
Texto: Leticia Martínez
Foto: Guillermo Viviano (CC: BY-SA)