Colabora - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Colabora

En Cruz Vermella che ofrecemos diferentes posibilidades para que colabores con nós, tanto mediante unha aportación económica, adicando o teu tempo a outras persoas que o necesiten ou apoiando as nosas actividades e campañas. Grazas á participación de xente coma ti conseguimos día a día estar máis preto das persoas vulnerables e fomentar a igualdade de oportunidades para todo e todas. Non importa que sexas unha empresa, unha persoa individual, un grupo de amigos e amigas ou un colectivo, en Cruz Vermella sempre imos atopar o xeito de que podas sumarte a nós.