Subvencións - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Subvencións

Xunta de Galicia 2018

TR352C Subvencións destinadas a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a través do programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro. Orde do 2 de maio de 2018 (DOG nº 92 do 15 de maio de 2018). 

Outorgada unha subvención, polo importe de 44.475,2 € equivalente aos custos salariais dos/as traballadores/as contratados, maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada de dito salario, resultante da contratación de mozos/as desempregados inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo “Reforzo de actividades de Cruz Vermella Xuventude 2018". Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4., Medida 8.2.4.2.

 

SI431A Subvencións para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral na Comunidade Autónoma de Galicia. Resolución do 19 de decembro de 2017 (DOG nº 10 do 15 de xaneiro de 2018).

Concedida unha subvención, polo importe de 19.741,05€ para gastos directos do persoal que desenvolve o proxecto a través de actuacións de asesoramento social, apoio directo, atención e información continuada, así como orientación formativa e laboral. Esta convocatoria está financiada ao 80% con fondos FSE do Programa operativo de Galicia 2014-2020, Obxectivo temático 9, Prioridade 9.3., Obxectivo específico 9.3.1.

 

Xunta de Galicia 2017

SI431A Subvencións para o desenvolvemento de proxectos de atención integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral na comunidade autónoma de Galicia (DOG nº 9 do 13/01/2017).

Concedida unha subvención, polo importe de 18.540,90€ para gastos directos do persoal que desenvolve o proxecto a través de actuacións de atención psicolóxica, asesoramento social, apoio directo, atención e información continuada, así como orientación formativa e laboral. Esta axuda está financiada ao 80% polo Fondo Social Europeo do programa operativo 2014-2020 e pola Secretaría Xeral da Igualdade.

 

Xunta de Galicia 2016

TR352C Subvencións para a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro. Programa operativo de emprego xuvenil. Orde do 29 de decembro de 2015. (DOG nº 248 del 30/12/2015). 

Outorgada unha subvención, polo importe de 8.454,11€ equivalente aos custos salariais da traballadora contratada, maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada de dito salario, resultante da contratación de unha moza desempregada inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo "Atención, dinamización e promoción de actividades dirixidas á infancia-xuventude". Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridad de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4., Medida 8.2.4.2.

 

SI431A Subvencións para o desenvolvemento de proxectos de atención integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral na comunidade autónoma de Galicia (DOG nº 248 do 30/12/2015).

Concedida unha subvención, polo importe de 18.540,90€ para gastos directos do persoal que desenvolve o proxecto a través de actuacións de atención psicolóxica, asesoramento social, apoio directo, atención e información continuada, así como orientación formativa e laboral. Esta axuda está financiada ao 80% polo Fondo Social Europeo do programa operativo 2014-2020 e pola Secretaría Xeral da Igualdade.