Atención a persoas sen fogar - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Atención a persoas sen fogar

O proxecto de Atención integral a persoas sen fogar está orientado principalmente na redución de danos e a axeitada xestión de riscos que enfrontan diariamente as persoas sen fogar.

 

O senfogarismo é un problema complexo, por iso a intervención que se realiza coas personas sen fogar debe ter en conta os distintos factores que rodean a sua situación:

  • Estructuráis: desemprego, limitado acceso á vivenda, dificultade de exercer os seus dereitos, escasos ou nulos recursos económicos.
  • Personáis e relacionáis: problemas familiares, adiccións, enfermidades físicas ou mentáis, ruptura coas súas redes familiares ou sociáis, situacións de violencia...
  • Participación e servizos públicos: escasa coordinación institucional, inadecuada planificación, axudas ou prestacións, inmigración...

 

As actuacións das equipas de Cruz Vermella contemplan unha intervención o mais integral posible: favorecendo a cobertura de necesidades básicas e de urxente necesidade (alimentación, hixiene, ...) , facilitando distintas alterntivas que permitan diminuir a súa estanza en rúa (aloxamento en albergues, axudas para aloxamento, etc...), fomentando accións de promoción da saúde e autocoidados, así como potenciando o restablecemento da súa rede familiar e/ou social para que permita vencer o illamento social que os rodea.

Estas intervencións desenvólvense tanto nas oficinas de atención de Cruz Vermella como en outros recursos sociáis e mesmo na rúa, grazas aos dispositivos móbiles (Unidades de Emerxencia Social-UES) que diariamente realizan o seu itinerario nas distintas zonas nas que se encontran as personas sen fogar.

Desenvolvemos este proxecto nas localidades de A Coruña, Lugo, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo, co financiamento da Xunta de Galicia, do Ministerio de Asuntos Sociáis a través do 0,7% do IRPF e con fondos propios de socios e doantes de Cruz Vermella.

 

O pasado ano atendimos en total a 1.399 persoas, das que 956 eran novos usuarios. Conseguimos facer un total de 280 itinerarios personalizados con elas nun colectivo que, como se ve, é maioritariamente masculinizado (catro de cada cinco persoas que atendemos eran homes).