Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social

O Plan de Emprego traballa por alcadar dous grandes obxectivos:

  • Potenciar e reforzar a empregabilidade das persoas en situación de desventaxa, ampliando as súas habilidades e capacidades para situalas en mellores condicións respecto ao emprego.
  • Loitar contra as barreiras sociais que existen ante ese acceso das persoas en dificultade social ao mercado de traballo, e que habitualmente se manifiestan en forma de estereotipos, prexuizos, minusvaloración social e prácticas discriminatorias.

A través do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social desenvólvense os seguintes proxectos:

  • Itinerarios integrais con persoas de difícil inserción: ten como obxetivo favorecer a igualdade de oportunidades no ámbito laboral das persoas en dificultade social  incrementando a súa atonomía, cualificación e oportunidades laborais de xeito que aumenten as suas posibilidades de acceder a un empeego
  • Itinerarios integrais intensificados para persoas de moi baixa empregabilidade: ten como obxectivo mellorar a empregabilidade e as oportunidades laborais de persoas moi alexadas do mercado laboral, combatindo os principais condicionantes e barreiras que inflúen no seu acceso a un posto de traballo.
  • Apoio ao emprego + 45: dirixido a personas con traxectorias profesionais descendentes e desemprego prolongado motivado pola crise, donde a edade e a formación desactualizada son elementos de discriminación para a reincorporación ao emprego.
  • Primeiras oportunidades laborais para xóvenes: incide na activación, mellora da empregabilidade e apoio á inserción laboral a través de accións de motivación, orientación, formación e acompañamento á inserción na que se combinan metodoloxías adaptadas ás necesidades e características do perfil de xóvenes.

Para o traballo coas empresas e o entorno desenvólvese o proxecto Reto Social Empresarial para a inserción laboral: alianzas que promove mercados locais inclusivos xerando alianzas coas empresas para a igualdade e a non discriminción, a xeneración de contratación e a empregabilidade das persoas en exclusión, e outros actores socioeconómicos e a cidadanía para debilitar estereotipos, prexuizos sobre estas persoas, cun enfoque da diversidade como factor de enriquecimento social e empresarial.

Ademáis dentro do Programa de Inclusión Social e Economía Social desenvólvese o proxecto Pontes cara o emprego: itinerarios pola igualdade que ten como obxectivo acercar ao mercado de traballo a mulleres que se atopan moi alexadas (especialmente vítimas de discriminación múltiple ou pertencentes a colectivos en risco e mulleres vítimas de violencia de xénero). Os itinerarios desenvolven medidas de motivación, apoio psicosocial  e empoderamiento, fortalecemento de redes e grupos de axuda, etc..