Persoas maiores

Os maiores ocupan un papel primordial nas actividades que desenvolve Cruz Vermella en Galicia. O noso traballo busca facilitarlles a permanencia no domicilio o maior tempo posible, apoiar aos seus coidadores e preocupase de fomentar a sua autonomía persoal.
Os nosos servizos abranguen: a prevención, a rehabilitación, o lecer, a participación e o envellecemento saludable.
Axuda complementaria no fogar
Os maiores reciben o acompañamento do voluntariado de Cruz Vermella para poder saír á rúa e facer xestións, pasear ou ter compañía no fogar.
Teleasistencia Avanzada Domiciliaria, Móvil e Servizos de Localización
Un servizo telefónico de uso sinxelo mantén conecados aos usuarios dentro e fóra do domicilio ante calquer eventualidade que poidese xurdir.
Transporte Adaptado e préstamo de productos de apoio
As persoas maiores poden realizar unha vida activa grazas aos transportes adaptados e ao préstamo de productos que buscan mellorar a súa autonomía na vida diaria.
Centros de Día
Son Centros onde pasan o día realizando actividades de mellora da súa calidade de vida. Isto posibilita ademais, aos seus familiares, conciliar vida laboral, de lecer ou de descanso.
Apoio e respiro a familiares e coidadores
Dende Cruz Vermella ofertamos actividades de apoio psicolóxico, de respiro, asesoramento e formación, así como destrezas para o autocoidado.
Promoción do envellecemento saudable
O achegamento ás novas tecnoloxías, facilitar o emprego dos teléfonos móbiles, obradoiros de memoria, actividades de lecer... son algunhas das actividades que, incidindo no físico, anímico ou social, desenvolven hábitos saudables e consolidan a autonomía das persoas de idade.