#1000mochilas - Cruz Vermella

Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

#1000mochilas

 

Xa está ahí a volta ó cole: madrugar e estudar, pero tamén ver ós amigos.... Mais para moita xente voltar ó colexio é unha verdadeira costa enriba cando os cartos non sobran: libros, material escolar...son moitas as cousas que os rapaces e rapazas precisan.

Cruz Vermella quere axudar ás familias que o están a pasar peor, e para iso imos contar coa tua axuda. Grazas á colaboración da Fundación Solidariedade Carrefour, , cada ano pedimos nos centros comerciáis material escolar. Pero as cousas han que ter onde levalas, e unha mochila non dura moito más dun curso e é un gasto importante cando se ten un fillo en idade escolar.

Este ano imos facer algo ven sinxelo: pedirlle á xente que nos axude a conseguir 1.000 mochilas para 1.000 nenos e nenas que teñen dificultade no seu fogar. Nós nos encargaremos de enchelas, e cantas máis academos máis material poderemos repartir.  Axudasnos?