Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella Monterrei

Plaza da Merced, 16 | 32600 | | Verín, Ourense

988 410 978

verin@cruzroja.es

http://www.cruzvermella.org/

@cruzvermella

http://www.facebook.com/CruzRojaOurense

os luns e xoves de 10.00 a 13.00 h. Martes, mércores e venres de 10.00 a 13.00 h e de 17.00 a 20.00 h

Cruz Vermella Monterrei conta coa ilusión de 200 persoas voluntarias que cada día participan nas actividades dirixidas a persoas maiores, como os obradoiros de informática, e para os máis pequenos, como o reforzo escolar.

A crise está marcando tamén a liña de traballo desta asemblea, que o ano pasado recaudou catro toneladas de alimento nun partido benéfico en colaboración co Verín C. F: e o proxecto “Espello deportivo”. Alimentos que se repartiron entre as familias con máis necesidade da comarca.

Verín acolle un Centro de Día para Menores que ofrece os coidados e atencións que necesitan para mellorar o seu proceso de integración socio-familiar. A obra menor de mellora do patio infantil deste centro, así como a adquisición de equipamento para este espazo de lecer, ten sido financiada a través da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.