Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Cruz Vermella Xuventude

Cruz Vermella Xuventude está formada por nenas, nenos e mocidade de ata 30 anos e as súas propias accións van dirixidas aos mesmos colectivos.

É o referente para o voluntariado mozo de Cruz Vermella e por este motivo se coida e fomenta a vida asociativa, creando os espazos axeitados para conseguir unha maior implicación e integración do voluntariado na nosa organización.

Asentámonos nun modelo asociativo que aposta pola participación de todos os membros, tanto na asociación como na sociedade en xeral.

O noso obxectivo é transformar a sociedade, traballando dende e coa infancia e a xuventude, educando en valores a través de accións de carácter preventivo, educativo, participativo e de desenvolvemento, realizadas polo voluntariado.

Máis preto de ti

Busca a sede máis próxima a ti ou consulta a guía completa.