Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Como nos organizamos

Órganos de goberno e dirección

A Cruz Vermella en Galicia é parte da Sociedade Nacional de Cruz Vermella Española. O máximo órgano de goberno da Institución en Galicia é o Comité Autonómico, que está formado por representantes dos seus socios e voluntarios elixidos cada catro anos nun proceso electoral segundo marcan os Estatutos e o Regulamento Xeral orgánico de Cruz Vermella Española. A Institución en Galicia está presidida por Carmen Colmeiro Rojo, presidenta autonómica, nomeada polo Presidente Nacional da Cruz Vermella Española, Javier Senent García, a proposta do Comité Autonómico.

En cada provincia existe un Comité Provincial, estando actualmente presididos por:  Mercedes Casanova Díaz (A Coruña), Luis Abelleira Mayor (Lugo), Felipe Ferreiro Feijóo (Ourense) e Teresa Álvarez Quicler (Pontevedra).

Organización territorial

Territorialmente, traballamos coa base das nosas asembleas locais ou comarcais repartidas por máis de corenta localidades de Galicia, que son coordinadas en cada caso polas respectivas oficinas provinciais, cuias sedes están nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Podes ter acceso á localización e a información de cada Asamblea na sección Onde estamos

Ademais das oficinas e asembleas, temos repartidos por Galicia outros centros onde levamos a cabo a nosa actividade: centros de día, bases de salvamento marítimo ou centros de atención para colectivos con necesides especiáis. Tamén poderás coñecerlos mellor na sección Espazos singulares.

Plan de acción

As directrices da nosa actividade están recollidas no Plan de Acción plurianual, aprobado polo Comité Nacional, e no que se establecen para cada periodo as prioridades e obxectivos que pretende conseguir o conxunto da organización, sendo o actualmente vixente o Plan 2015-2019.

Estamos cada vez máis preto das persoas

Vídeo Institucional Cruz Vermella Española

Máis preto de ti

Busca a sede máis próxima a ti ou consulta a guía completa.