Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Como nos financiamos

Cruz Vermella funciona mediante as aportacións voluntarias das administracións públicas, entidades privadas e millóns de persoas coma ti. Valoramos ata a contribución máis humilde e grazas a todos somos a maior organización humanitaria do mundo.

En Cruz Vermella esforzámonos en respostar á vosa confianza xestionando todas as contribucións con agradecemento, responsabilidade e transparencia, e tratando de obter o máximo rendemendo dos recursos obtidos.

Transparencia

  • A nosa actividade está sometida os controles das administracións públicas.
  • As certificacións de calidade máis prestixiosas avalan a nosa xestión: NGO Benchmarking Estándar, Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID), AENOR, etc.
  • Ademais, anualmente encargamos unha auditoría xeral a PricewaterhouseCoopers.

Fontes de financiamento

 

 

Cruz Vermella obtén os seus recursos das subvencións e axudas das administracións públicas (Estado, Xunta de Galicia, Deputacións e Concellos), cuxos importes van íntegramente adicados á finalidade para a que foron concedidos (fondos finalistas) e a colaboración das empresas e persoas físicas, que colaboran co sostemento coas súas cuotas de socio ou comprando os boletos dos sorteos a beneficio de Cruz Vermella.

Máis de 50.000 persoas en Galicia son socias de Cruz Vermella: grazas a elas podemos traballar cada día

Máis preto de ti

Busca a sede máis próxima a ti ou consulta a guía completa.