Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Quen somos

O obxectivo de Cruz Vermella é estar cada vez máis preto das persoas. Traballamos en Galicia dende 1870 para adaptarnos ás necesidades das persoas máis vulnerables da nosa comunidade e para implicar á cidadanía nas urxencias internacionais e as necesidades da poboación en todos os lugares do mundo.

Cruz Vermella Española é membro da Federación Internacional de Sociedades de Cruz Vermella e Media Lúa Vermella, a maior organización humanitaria do mundo, que presta asistencia sen discriminación por razón de nacionalidade, raza, crenzas relixiosas, clase social ou opinión política.

Visión e Misión 

A nosa visión: Cruz Vermella Española, como organización humanitaria e voluntaria arraigada na sociedade, dará respostas integráis ás persoas vulnerables, cunha perspectiva de desenvolvemento humano.

A nosa misión: estar cada vez máis preto das persoas vulnerables nos eidos nacional e internacional, con accións integradas, realizadas por voluntariado e cunha ampla participación social.

Os nosos principios

Todos as Sociedades Nacionais de Cruz Vermella e Media Lúa Vermella do mundo compartimos o respecto e a defensa de sete principios fundamentais:

Humanidade

O Movemento da Cruz Vermella y de la Media Lúa Vermella, ao que deu nacemento a preocupación de prestar auxilio, sen discriminación, a todos os feridos no campo de batalla, esfórzase, baixo o seu aspecto internacional e nacional, en previr e aliviar o sufrimento das persoas en todas as circunstancias. Tende a protexer a vida e a saúde, así como a facer respectar á persoa humana. Favorece a comprensión mutua, a amizade, a cooperación e unha paz duradeira entre todos os pobos.

Imparcialidade

Non fai ningunha distinción de nacionalidade, raza, relixión, condición social ou credo político. Adícase unicamente a socorrer aos individuos en proporción aos seus sufrimentos, remediando as súas necesidades e dando prioridade ás máis urxentes.

Neutralidade

Coa fin de conservar a confianza de todos, o Movemento abstense de tomar parte nas hostilidades e, en todo tempo, nas controversias de orde política, racial, relixiosa ou ideolóxica.

Independencia

O Movemento é independente. Auxiliar dos poderes públicos nas súas actividades humanitarias e sometidas ás leis que rexen os países respectivos, as Sociedades Nacionais deben, sen embargo, conservar unha autonomía que lles permita actuar sempre dacordo cos principios do Movemento.

Voluntariado

É un movemento de socorro voluntario e de carácter desinteresado.

Unidade

En cada país só pode existir unha sociedade da Cruz Vermella ou da Media Lúa Vermella, que debe ser accesible a todos e extender a súa acción humanitaria na totalidade do territorio.

Universalidade

O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, en cuio seo todas as Sociedades teñen os mesmos dereitos e o deber de axudarse mutuamente, é universal.