>
O Espazo de Busca Activa de Emprego (EBAE) é un lugar de busca laboral equipado cos medios técnicos para preparar a candidatura a unha oferta de traballo, subscribirse a ela e facer un seguimento desta.

É un servizo gratuíto para favorecer a autonomía persoal e poñer en práctica as habilidades adquiridas na busca de emprego, así como para achegarse ás novas tecnoloxías.

O espazo está dinamizado por voluntariado de Cruz Vermella, que acompaña os usuarios e usuarias en todo o seu proceso de integración sociolaboral.

Que podo atopar nun EBAE?

Cada espazo de busca activa de emprego (EBAE) está dotado con:

· Ordenadores con conexión a internet.
· Impresora e teléfonos para contactar coas empresas.
· Prensa e publicacións.
· Un taboleiro de anuncios coas ofertas de emprego vixentes.

Así, nas instalacións do EBAE, os usuarios e usuarias poden:

· Elaborar e actualizar o seu currículo persoal e cartas de presentación, envialas ás empresas e confirmar a súa recepción.
· Buscar e seleccionar cursos de formación, ofertas de emprego e axudas para a posta en marcha de iniciativas empresariais, tanto a través de prensa especializada coma de internet.
· Intercambiar información con outras persoas.
· Recibir asesoramento do noso voluntariado.