|
|
A colaboración de 287 empresas galegas co noso Plan de Emprego permitiu atopar traballo a máis de 500 persoas |
|
|
|
O Plan de Emprego contou en 2007 co apoio de 287 persoas que fixeron ofertas de traballo a participantes do proxecto sociolaboral de Cruz Vermella nas catro provincias galegas.
Grazas á súa colaboración, o ano pasado insertáronse 545 persoas desempregadas pertencentes a colectivos en desventaxa social, especialmente inmigrantes e mulleres con dificultade de acceso ao mercado laboral.
Os equipos de Emprego na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra atenderon en 2007 a 1.573 usuarios e usuarias, dos cales 640 asistiron a formación. Xunto ao traballo directo coas persoas, puxéronse en marcha iniciativas de sensibilización cidadá, como a exposición Emple-Arte, que percorre os centros cívicos da Coruña para achegar á poboación á realidade das persoas estranxeiras que traballan en Galicia en todo tipo de sectores ocupacionais.
|
|
|
|
|
|
|
Charlas sobre Cooperación Internacional: Se se trata de axudar, non existen distancias |
|
|
|
Carballo foi a primeira das dez asembleas de Cruz Vermella en acoller unha charla-coloquio aberta ao público sobre o traballo de Cruz Vermella na área de Cooperación Internacional e Axuda en Emerxencias. Esta actividade desenvolverase nas sedes de Cruz Vermella de Betanzos, Santiago, Burela, Monforte, O Barco, Verín, Vilalba e Sarriá ata finais do mes de maio.
As charlas queren achegar á poboación destas localidades a contribución de Cruz Vermella en Galicia en cooperación internacional, con proxectos como o de soberanía alimentaria en Mozambique, así como impulsar, mediante a organización de seminarios dirixidos a voluntariado, actividades de sensibilización e educación para o desenvolvemento.
Máis información no teléfono 981 221000 (ext.1019).
 |
|
|
|