Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Faite socio

Máis de 50.000 persoas xa o fixeron en Galicia

Ser Socio de Cruz Vermella é axudar a cambiar as cousas. E non só pola contribución material, senón porque co seu compromiso activo, a persoa socia serve de exemplo a outras, motivándoas a seguir os seus pasos. Os socios forman parte da Cruz Vermella e todos os maiores de 18 anos poden acceder ós seus organos de goberno e decidir cos seus votos quen ocupará os mesmos.

A persoa socia elixe a cantidade que quere aportar periodicamente á organización. Por modesta que sexa, supón unha axuda importante para axudar ás persoas máis vulnerables; por exemplo: con 55 euros podemos dar alimentación para unha semana a unha familia afectada pola crise, que se suma a outras aportacións que permiten axudar durante varias semanas. A mesma cantidade non sería tan efectiva ailladamente.

En Galicia xa somos máis de 50.000 socios: galegos e galegas solidarios que fan posible o noso traballo cada día. 

Consulta aquí como distribuimos a túa aportación.

 

Quero darme de alta

Xestiona os teus datos

Se xa es socio, podes xestionar todos os teus datos accedendo a esta páxina.

Certificado de aportacions

Se queres obter un certificado de aportación podes facelo aquí.

Preguntas frecuentes

Cal é a cota mínima?

  • Personas Físicas: a cota mínima anual recomendada é de 36 euros. A cota media actual está arredor dos 63 euros.
  • Personas Jurídicas: a cota recomendada é de 150 euros.

Podo pagar a cota cada mes?

Podes escoller a periodicidade de pago da tua cota: mensual, trimestral, semestral ou anual. No caso de periodicidade mensual é recomendable que o importe mínimo do recibo sexa duns 10 euros.

Podo domiciliar os meus recibos no banco?

Efectivamente, podes ordear ao teu banco que atenda os recibos ao teu nome xirados por Cruz Vermella. É a única forma de pago da cota que actualmente temos prevista.

Cando se fai o cargo bancario?

A primeira semana do mes seguinte á suscripción. Non obstante, pódese solicitar que o primeiro cargo se faga nun mes que non corresponda co inmediato á subscrición.

Como se renova a miña subscrición?

A renovación é automática excepto nos casos nos que a persoa solicita a modificación ou anulación das súas aportacións.

Teño algunha vantaxe fiscal por colaborar?

Se se trata dunha persoa física, o Imposto da Renda das Persoas Físicas prevé unha deducción do 25% das aportacións. No caso de persoas xurídicas, podes deducir o 35% do importe da colaboración sobre a cota íntegra do Imposto de sociedades. A cantidade deducible non superará o 10% da base impositiva, podendo deducirse as cantidades excedentes en exercicios posteriores ata un máximo de 10 anos (Ley 49/2002). Importante! Para poder desgravar é imprescindible que dispoñas do teu NIF ou Código de identificación fiscal, segundo o caso.

A que destina a Cruz Vermella as miñas aportacións?

Utilizamos as aportacións para facer posibles os proxectos da Institución: fan posible que os nosos voluntarios e colaboradores desenvolvan a actividade e den continuidade aos proxectos destinados ás persoas para as que traballamos en Galicia. Nesta web podes consultar toda a nosa actividade, e non dubides en poñerte en contacto con nós se queres calquera información adicional.

Como podo estar informado das actividades que fai Cruz Vermella?

Os nosos socios están permanentemente informados a través das diferentes canles de comunicación que a Institución pon ao seu servizo: revistas periódicas, newsletters, novas destacadas na web. En caso de dúbida ou de querer máis información complementaria, lembramos que podes contactar con nós por correo electrónico, teléfono ou na asamblea da Cruz Vermella máis preto do teu domicilio.

Máis de 50.000 persoas en Galicia son socias de Cruz Vermella: grazas a elas podemos traballar cada día

Máis preto de ti

Busca a sede máis próxima a ti ou consulta a guía completa.