Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Empresas solidarias

Cruz Vermella traballa en tantos eidos diferentes que son moitos os xeitos de colaborar con nós. Por iso podemos ofertar, a todas as empresas, un feixe de posibilidades para axudalas a desenvolver a súa acción social.

Queres máis información? Ponte en contacto con nós.

Vías de colaboración

Quero ser empresa socia

A empresa realiza unha aportación periódica con carácter anual, asumindo un compromiso a longo plazo.Ser empresa socia de Cruz Vermella é proporcionar, mediante a cuota elixida, unha apoio constante e firme ao noso traballo, no país e no resto do mundo. 

Para informarse das vantaxes de ser empresa socia de Cruz Vermella visita a nosa páxina aquí.

Quero ser empresa colaboradora

Numerosas empresas ofrecen a Cruz Vermella a súa colaboración, involucrándose activamente no desenvolvemento de proxectos sociais ou na acción humanitaria que desenvolvemos. Hai moitos xeitos de colaborar: 

  • Apoiando un proxecto concreto.
  • Accións en colaboración cos empregados.
  • Participación en campañas de sensibilización ou información.
  • Captación de fondos para emerxencias.
  • Promoción do Sorteo de Ouro o do Voluntariado.
  • Participación en el Plan de Emprego para colectivos vulnerables.
  • Productos solidarios.

Quero formar parte das accións de emprego

As empresas que participan no noso Plan de Emprego poden atender as súas necesidades de persoal, ao incorporar aos seus cadros de persoal traballadores e traballadoras de diferentes realidades sociolaborais e materializar a súa responsabilidade cunha sociedade máis xusta e cohesionada. A súa empresa pode colaborar dos seguintes xeitos:

  • Ofertando emprego.
  • Apoiando a formación específica.
  • Con prácticas non laborais.
  • Participando en proxectos de inserción sociolaboral.