Os centros de desarrollo de asociaciones rurales (CDAR) son un espazo de participación dirixido a asociacións , grupos e colectivos.
A través destes equipamentos preténdese:
- Fomenta-lo asociacionismo e o traballo do voluntariado nas áreas rurais.
- Facilita-la participación da poboación en accións a través da armazón asociativa do seu territorio.
Os
CDAR están dotados da infraestrutura mínima para poder desenvolver diferentes actividades e proxectos: salas de reunión aulas para a formación ou para a impartición de obradoiros, Pcs e impresoras con conexión a internet, fondo documental e bibliográfico, fotocopiadora e teléfono.
É dicir dotóuselles ou dotará no futuro dunha infraestrutura que facilite en primeiro lugar en espazo ás asociacións que non o teñen e en segundo un lugar dende onde promover accións e actividades para a súa comunidade, ademais de ser un referente de encontro para o voluntariado e os veciños.