Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Teleasistencia

Teléfono gratuíto de información: 900 814 222

QUÉ É A TELEASISTENCIA DOMICILIARIA?

É un servizo de prevención que comunica á persoa usuaria cunha central de Cruz Vermella e ofrece unha resposta inmediata ante situacións de emerxencia, as 24 horas do día e os 365 días do ano.

A Teleasistencia Domiciliaria garantiza a SEGURIDADE da persoa no seu fogar e a TRANQUILIDADE da familia sabendo que os seus seres queridos terán unha ATENCIÓN INMEDIATA.

CÓMO FUNCIONA?

Instálase no domicilio do usuario un terminal, conectado á liña telefónica. O equipo compleméntase cun telemando remoto en forma de colgante que a persoa debe levar posto mentres está no fogar, tamén no baño ou a ducha.

Só con premer o botón do colgante ou do equipo, establecese contacto a través dun sistema mans libres coa central de alarmas de Cruz Vermella en Galicia. Informamos ós seus familiares ou contactos da situación, orientámoslos e aconsellamos a mellor actuación.

A chamada será atendida de xeito inmediato por un equipo de operadores cualificados que movilizará os recursos máis axeitados tanto do entorno da persoa (familiares, veciños...) como de Cruz Vermella ou da atención de emerxencias (sanitarios, policía, bombeiros...) para darlle resposta o antes posible.

A QUEN PROTEXE?

  • Persoas que vivan solas.
  • Persoas maiores.
  • Persoas con enfermidades crónicas.
  • Persoas dependentes.
  • Persoas con discapacidade.

POR QUÉ CON CRUZ VERMELLA?

Porque fumos os primeiros en implantar o servizo en España, e levamos mais de 20 anos sendo os elixidospor milleiros de persoas en toda España.

Porque sempre estamos preto das persoas: prestamos o servizo en todo o noso territorio e temos o noso PROPIO CENTRO DE ATENCIÓN en Galicia, co respaldo de toda a rede de Cruz Vermella Española.

Coñecemos a realidade de Galicia e os seus recursos comunitarios a traves de nosa rede de mais de 40 centros.

Noso servizo está certificado por AENOR conforme á norma UNE-EN-ISO 9000:2005

QUÉ CUSTO TEN E CÓMO FAGO PARA DARME DE ALTA?

A cota mensual do servizo é de 25 euros. 

Si queres ter mais información ponte en contacto con nós con este formulario.

Tamén podes acceder na web www.cruzroja.es/teleasistencia ou escribirnos a galicia@cruzroja.es.

Como vivo soa, necesito sentirme segura e saber que Cruz Vermella está cando a necesito - María Ángeles S.V., usuaria

Como en casa como en nigún sitio

Coñece os equipamentos de teleasistencia