Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Saúde

En Cruz Vermella desenvolvemos accións enmarcadas dentro do enfoque proactivo de promoción da saúde, que dá preferencia á prevención de enfermidades e accidentes mediante a promoción de hábitos saudables.

Educación para a saúde en nenos e xente nova

Dende hai máis de vinte anos, acudimos aos centros educativos durante o curso escolar para desenvolver actividades de información e formación sobre hábitos saudables, prevención do consumo de substancias, prevención de enfermidades de transmisión sexual, VIH ou pautas de alimentación e nutrición. Podes ter máis información no noso espazo de prevención: www.prev20.es.

Prevención de accidentes

Baixo o lema "previr é vivir" desenvolvemos campañas específicas, estacionais ou permanentes para conquerir a baixada do número de accidentes: en colectivos específicos, como maiores e nenos; no tempo libre, nas actividades de verán e moi especialmente no relativo a unha conducción segura e responsable. Os accidentes son a cuarta causa de morte na Unión Europea e xuntos podemos educar e educarnos para evitalos.

Promoción de hábitos saudables

Cruz Vermella lanza unha campaña de promoción de hábitos saudables para a poboación en xeral. Ao longo do ano trataremos diveros temas para os que proporemos recomendacións para mellorar o nivel de saúde das persoas que acceden a esta información. O nome da campaña (Cóidate, por exemplo), incítanos a tomar unha actitude activa para evitar hábitos nocivos e ser máis sanos, sendo ademais promotores da saúde dos que están ao noso arredor.

Atención a persoas con enfermidades avanzadas

O programa para a Atención Integral a Persoas con Enfermidades Avanzadas ten como obxectivos mellorar os coidados paliativos aos enfermos avanzados e axudar ao paciente e á súa familia para afrontar a enfermidade. Este programa, xestionado por Cruz Vermella e financiado pola Fundación A Caixa, desenvólvese na Coruña. Así mesmo ofrécese apoio emocional e social aos pacientes para axudarlles a xestionar as súas inquietudes, temores e estados de ánimo. Ademais, o programa proporciona atención e soporte psicosocial ás persoas en situación de duelo tras o falecemento dun familiar.