Cruz Vermella

Web oficial da Cruz Vermella Española en Galicia

Poboación reclusa

«Os muros que a sociedade levanta, ante quen ten estado na cadea, van máis alá dos límites do cárcere».

Garderías durante o vis a vis

No interior dos centros penitenciarios, Cruz Vermella xestiona ludotecas que ofrecen unha contornoa favorable aos nenos e nenas que acoden para visitar aos seus pais.

Intervención social con poboación no cárcere

Dentro dos centros penitenciarios, Cruz Vermella desenvolve actividades lúdicas e formativas que permiten que persoas internas ocupen o seu tempo libre e combatan a inactividade, ao tempo que posibilita que desenvolvan hábitos positivos e actividades útiles nun posterior proceso de integración social.

Traballos en beneficio da comunidade

Cruz Vermella oferta postos de colaboración para persoas que foron penadas con traballos en beneficio da comunidade. Lévase a cabo a través dun convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias.